A Orquestra Principal nace en 1.987 en Pontevedra e renace de novo no ano 2001 en Mondoñedo (Lugo) onde escomenza unha nova etapa nun concepto novo e distinto, apostando sobre todo por xente moi xoven na dianteira arroupados sempre por músicos contrastados que fan que a agrupación pouco a pouco se convirta nunha das orquestras mais valoradas polo público.
E no ano 2012 cando da un paso mais coa incorporación dos irmáns Diumaró que habían gañado o concurso de "Recantos" no Luar convertíndose esa tempada nunha das orquestras revelacións da verbena galega. Dende ese momento sigue apostando por ise modelo na sua contratación de cantantes e logra unha estabilidade ano tras ano no mercado galego.
A principal característica da orquestra e a interacción co público en todo momento tendo coma o seu principal obxectivo que o público disfrute e participe na festa, dende os mais novos ata os mais veteranos, adaptándose sempre a este en todo momento.